Dende 2002 vimos cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Gravamos dous Cds cun repertorio moi variado: canción galega, habaneras, polifonía litúrxica, música pop, panxoliñas e folclore internacional. En setembro do 2008 gañamos o Primeiro Premio no II Certamen nacional de masas corales de la avellana en Infiesto-Piloña (Asturias) Temos participado nas cinco edicións do Certame En Clave Coral . Tatiana Pankrátova é a nosa directora fundadora. 626808645
Vistas de página en total
miércoles, junio 26, 2024
viernes, junio 14, 2019
Do XVII Encontro de corais en Baio
Coa Igrexa Nova ateigada de xente (moitas grazas ao noso crego D. Francisco) celebramos en Baio o XVII Encontro de Corais que este ano tiña acento internacional.
Principiaron os máis pequenos: o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña, que viñan de trunfar en Ribadeo, e colleitaron os aplausos máis fortes da noite, sobre todo coa súa maxistral interpretación do tema "The lion sleps tonight". Foron acompañados polo pianista Pablo Queiro.
En segundo lugar foi a Coral Costa da Morte de Cee, dirixida por Isidro Caamaño, os que nos deleitaron cun programa variado no que resaltou o tema "1492: la conquista del paraíso" de Vangelis.
Despois o Coro de professores de Coimbra , dirixido por Avelino Correia, nos agasallou con temas galegos, boleros e unha maxistral interpretación da peza "Coimbra", moi aplaudida polo numeroso público asistente.
Para rematar a nosa Coral Xan Mella, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, pechou o certame con música galega, bolero e habaneras.
De remate agasallos de rigor e cea pantagruélica no comedor do Colexio Labarta Pose (moitas grazas a toda a comunidade educativa, sobre todo á súa directora Sinda Cundíns) no que non faltaron as cantigas acompañados do acordeón de Xandro Calvo.
Moitas grazas aos nosos amigos de Coimbra e de Cee aos que devolveremos visita este ano.
Moitas grazas tamén ao Concello de Zas, á Deputación da Coruña e á FECOGA por colaborar na organización deste concerto.
miércoles, junio 12, 2019
Os máis novos en Ribadeo
O coro Xoven da nosa ESMU Pepe Valiña de Baio trunfou en Ribadeo no XII Festival de Coros infantís e xuvenís da FECOGA representando á provincia de A Coruña, acompañados do pianista Pablo Queiro.
Pola mañá derón un pequeno concerto na Residencia San Rafael da vila mariñá e visitaron a Perruquería do estilista Óscar Aramburu (perruqueiro de "Xogo de Tronos"). Despois de comer fantásticamente no Restaurante Costa Verde os máis pequenos deron un paseo en lancha pola Ría de Ribadeo mentres os maiores fixeron un roteiro a pé pola Vila.
Ás 19:00 horas celebrouse o Concerto nun Cine Teatro ateigado que aplaudiu efusivamente ás catro corais participantes e ao remate unha pantagruélica merenda nas instalacións do Colexio Sagrado Corazón.
Moitas grazas aos anfitrións do Coro Sagrado Corazón de Ribadeo, especialmente a Verónica Aramburu por unha organización sobresainte
lunes, mayo 14, 2018
Do concerto da FECOGA
De fantástico podemos cualificar o XI
Festival de Coros infantís e xuvenís de Fecoga que celebramos o sábado
pasado nunha Igrexa Nova de Baio ateigada de xente coma nunca. Entre os presente atopábase o presidente da Federación Galega de Coros: Antonio Rey Cornide.
Acompañaron ao Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña (que facía de anfitrión) o Coro Sagrado Corazón de Ribadeo (Lugo),
a Coraliña Cantora de Trives (Ourense)
e o Coro do CPI De Cova Terreña de
Baiona (Pontevedra) e puideron escoitarse dende cantigas galegas a polifonía
litúrxica, pasando por música pop, folclore internacional e cantigas étnicas
que fixeron gozar a un público moi entregado cos case 150 coralistas que participaron.
De remate as catro corais xuntas interpretaron
a cantiga relixiosa zulú “Siyahamba” baixo a dirección da nosa profesora Tatiana Pankrátova.
Moitas grazas aos nosos
amigos de Ribadeo, de Trives e de Baiona por facernos gozar dunha tarde de
polifonía moi, moi fermosa.
martes, mayo 01, 2018
En Portugal: éxito total
A Coral Xan Mella participou este pasado fin de semana no III Encontro
Internacional de Coros na vila portuguesa de Oliveira de Azemeis convidada polo
Orfeao de Loureiro e no que tamén cantou a Coral Calçada Romana de Alqueidao da
Serra de Porto de Mós.
O sábado saímos cedo de Baio e despois das habituais paradas en ruta
acomodámonos no Hotel Dighton (moi recomendable) para despois repoñer forzas no
Restaurante don Filipe a base de Bacalhau frito á liberdade, un auténtico
manxar.
Pola tarde fomos recibidos na Sede da Junta da Freguesía de Loureiro
onde despois dos parlamentos e agasallos de rigor convidóusenos a unha copiña
de porto e a un anaco de regueifa para ir “quentando voces”.
O concerto celebrouse nun Auditorio do Centro de Negocios de Oliveira
ateigado de xente e cunha acústica que brillaba pola súa ausencia. Así todo a
nosa coral baiesa foi moi aplaudida e felicitada polo público presente e os
compoñentes das outras corais despois de cantar un variado programa de
polifonía litúrxica, folclore internacional, pop, habaneras e cantigas galegas.
Ao remate, e xa cando os baieses se retiraban do escenario, o público púxose en
pe pedindo outra e a directora Tatiana Pankrátova mandou cantar un bis que non
foi outro que “Katiusha” co auditorio batendo palmas. Outro éxito dunha coral
orgullosa de levar o nome de Baio e do Concello de Zas alá onde vai.
Ao remate o Presidente da Cámara Municipal de Oliveira entregounos un
presente do seu Concello e o presidente da nosa asociación fíxolle entrega dun
prato de Sargadelos co escudo de Zas que lle enviaba o noso alcalde Manuel Muíño
escusando a súa ausencia.
Non faltou a festa post-concerto con moitas viandas e doces, moito viño
do Douro e moitas cantigas.
Grazas aos nosos amigos de Porto de Mós e de Loureiro, especialmente a
Margarida e Manuel, aos que esperamos ver e escoitar moi pronto por Baio.
Xa o domingo o dedicamos a turismo cultural e gastronómico a visitar a
vila de Aveiro, comer no Restaurante lusovenezolano de Nogueira da Reguedoura e
pola tarde pasear pola fermosa cidade de Porto.
Na organización desta viaxe-concerto colaboraron a Deputación de A
Coruña e o Concello de Zas.
A Asociación Pepe Valiña-Coral Xan Mella segue traballando: o próximo
evento será a organización do XI Festival de coros infantís e xuvenís da FECOGA
o sábado 12 de maio ás 7 da tarde na Igrexa nova de Baio. Xunto ao Coro Xoven
da ESMU Pepe Valiña participarán tres corais máis, unha por cada provincia
galega.
Seguiremos informando.
lunes, diciembre 18, 2017
Do XIV Memorial Pepe Valiña
Coa
igrexa nova ata a bandeira celebramos o pasado sábado en Baio o XIV Memorial Pepe
Valiña ao tempo que cumpríamos tres lustros de levar as nosas cantigas por
toda a xeografía galega, Asturias, León , Madrid e a veciña Portugal.
Principiaron
os máis novos: O Coro Xoven da ESMU Pepe
Valiña (que estreaba ponchos de liño vermello agasallo de Carme
Riveiro e os Amigos do Liño e confeccionados pola nosa coralista Matilde Lavandeira) que arrincaron os
aplausos máis fortes da noite sobre todo cunha estupenda interpretación do tema
“María Soliña” acompañados ao piano por Martín Romero e á gaita por Pablo
Queiro.
A
Coral de Luou-Teo tomou o relevo da
rapazada baiesa e gustaron moito as súas interpretacións das cantigas “Fisterra”
e “Boiadeiro”.
En
terceiro lugar actuou a Coral polifónica
de Ferrol “A Magdalena” e foron moi aplaudidos o “Pater noster” de
Kedrov e a panxoliña “Chiquirritín”.
Os
anfitrións fomos os encargados de pechar unha velada que se encadraba dento da Rede
Cultural da Deputación de A Coruña. Habanera, panxoliña e cantiga
galega foron moi do agrado do público,
pero foron os dous temas pop os máis aplaudidos: “Chiquitita” de Abba e
o “Aleluia” de Leonard Cohen, acompañados polos pianistas Nuria Vilariño e Pablo Queiro.
Ao
remate entrega dos agasallos pertinentes ás corais de fora por parte do Alcalde
do noso Concello e do presidente da nosa Asociación Pepe Valiña e público e
corais batendo palmas aos compases de “Katiusha” (se en Viena teñen a “Marcha
Radetzky” non temos a nosa Katiusha para despedir o ano).
A iniciativa "Danos a Lata" foi un éxito rotundo: o público colaborou coma nunca e máis de tres caixas de latas e produtos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.
A iniciativa "Danos a Lata" foi un éxito rotundo: o público colaborou coma nunca e máis de tres caixas de latas e produtos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.
E
despois pantagruélico pincheo post-concerto onde non faltaron as cantigas de
sobremesa e o acordeón de Xandro Calvo.
E tamén aproveitamos para soprar as velas no 18 “aniversario inverso” do coralista e amigo Cándido Fuentes.
Moitas
grazas aos nosos amigos de Luou e Ferrol e Felices Festas de Nadal!
Que o ano 2018 veña cargado de
ledicia e boa música!
jueves, diciembre 14, 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)