Vistas de página en total

lunes, mayo 14, 2018

Do concerto da FECOGA







De fantástico podemos cualificar  o XI Festival de Coros infantís e xuvenís de Fecoga que celebramos o sábado pasado nunha Igrexa Nova de Baio ateigada de xente coma nunca. Entre os presente atopábase o presidente da Federación Galega de Coros: Antonio Rey Cornide.
Acompañaron ao Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña (que facía de anfitrión) o Coro Sagrado Corazón de Ribadeo (Lugo), a Coraliña Cantora de Trives (Ourense) e o Coro do CPI De Cova Terreña de Baiona (Pontevedra) e puideron escoitarse dende cantigas galegas a polifonía litúrxica, pasando por música pop, folclore internacional e cantigas étnicas que fixeron gozar a un público moi entregado cos case 150 coralistas que participaron.
De remate as catro corais xuntas interpretaron a cantiga relixiosa zulú “Siyahamba”  baixo a dirección da nosa profesora Tatiana Pankrátova.
           Moitas grazas aos nosos amigos de Ribadeo, de Trives e de Baiona por facernos gozar dunha tarde de polifonía moi, moi fermosa.

No hay comentarios: