Vistas de página en total

miércoles, junio 12, 2019

Os máis novos en Ribadeo





O coro Xoven da nosa  ESMU Pepe Valiña de Baio trunfou en Ribadeo no XII Festival de Coros infantís e xuvenís da FECOGA representando á provincia de A Coruña, acompañados do pianista Pablo Queiro.
Pola mañá derón un pequeno concerto na Residencia San Rafael da vila mariñá e visitaron a Perruquería do estilista Óscar Aramburu (perruqueiro de "Xogo de Tronos"). Despois de comer fantásticamente no Restaurante Costa Verde os máis pequenos deron un paseo en lancha pola Ría de Ribadeo mentres os maiores fixeron un roteiro a pé pola Vila.
Ás 19:00 horas celebrouse o Concerto nun Cine Teatro ateigado que aplaudiu efusivamente ás catro corais participantes e ao remate unha pantagruélica merenda nas instalacións do Colexio Sagrado Corazón.
Moitas grazas aos anfitrións do Coro Sagrado Corazón de Ribadeo, especialmente a Verónica Aramburu por unha organización sobresainte

No hay comentarios: