Vistas de página en total

viernes, junio 14, 2019

Do XVII Encontro de corais en Baio








Coa Igrexa Nova ateigada de xente (moitas grazas ao noso crego D. Francisco) celebramos en Baio o XVII Encontro de Corais que este ano tiña acento internacional.
Principiaron os máis pequenos: o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña, que viñan de trunfar en Ribadeo, e colleitaron os aplausos máis fortes da noite, sobre todo coa súa maxistral interpretación do tema "The lion sleps tonight". Foron acompañados polo pianista Pablo Queiro.
En segundo lugar foi a Coral Costa da Morte de Cee, dirixida por Isidro Caamaño, os que nos deleitaron cun programa variado no que resaltou  o tema "1492: la conquista del paraíso" de Vangelis.
Despois o Coro de professores de Coimbra , dirixido por Avelino Correia, nos agasallou con temas galegos, boleros e unha maxistral interpretación da peza "Coimbra", moi aplaudida polo numeroso público asistente.
Para rematar a nosa Coral Xan Mella, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, pechou o certame con  música galega, bolero e habaneras.
De remate agasallos de rigor e cea pantagruélica no comedor do Colexio Labarta Pose (moitas grazas a toda a comunidade educativa, sobre todo á súa directora Sinda Cundíns) no que non faltaron as cantigas acompañados do acordeón de Xandro Calvo.
Moitas grazas aos nosos amigos de Coimbra e de Cee aos que devolveremos visita este ano.
Moitas grazas tamén ao Concello de Zas, á Deputación da Coruña e á FECOGA por colaborar na organización deste concerto.


No hay comentarios: