Vistas de página en total

lunes, diciembre 21, 2015

As nosas corais en Geriatros (Vimianzo)



Despedimos o ano cantando para os maiores da Residencia Geriatros de Vimianzo. A Coral Xan Mella e o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio dirixidos por Tatiana Pankrátova pasamos a tarde do domingo 20 compartindo as nosas panxoliñas, cantigas galegas, habaneras e temas rusos cuns residentes que tamén se animaron a cantar e a bater palmas con nós.
Foi unha velada moi fermosa na que todos aprendimos moitas cousas.
E agora unhas máis que merecidas vacacións.
Boas festas de Nadal!Que a paz, a saúde, a ledicia é a música sexan as vosas compañeiras de viaxe no 2016!




No hay comentarios: