Vistas de página en total

lunes, abril 25, 2016

Do concerto en Culleredo



Que ben queda un cando remata o concerto e sabes que a coral soou fantasticamente e es felicitado polos compañeiros das outras corais, polos directores e polo numeroso público asistente.
Iso nos pasou a nós o sábado pasado na Igrexa de Tarrío, en Culleredo, onde participamos no XXI Certame de canto coral convidados pola anfitrioa Coral Fonte do Couto que cumpría 23 anos. Tamén participaron  a Coral de Santa Comba de Cordeiro (Valga) e a Coral de Melide.
A coral Xan Mella foi acompañada ao piano pola xoven Antía Vidal e estreou o tema “Ronda de namorados” da Zarzuela “La del soto del parral”. Tamén fixeron o seu estreo coa coral Ana María Sarria Cruz e Blasco Rodríguez Porta, sangue nova para unha polifónica que o ano que ven cumprirá 15 anos.
De remate as catro corais xuntas "cantamos" "A muiñeira do Santo Amaro"...
Moitas grazas aos compañeiros das outras corais e especialmente aos de Culleredo e á súa presidenta Charo Canedo, que nos devolverán a visita no próximo mes de xuño en Baio.

No hay comentarios: