Vistas de página en total

domingo, diciembre 20, 2015

Do XII Memorial Pepe Valiña






Ainda que cun poco de retraso por problemas "técnicos" aqui vos deixamos unha escolma fotográfica do XII Memorial Pepe Valiña no que o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio foi o gran trunfador agasallándonos con dúas fermosas panxoliñas (acompañados polo piano de Lucía Espasandín e o violín de Dasha Pankrátova) e o estreo da cantiga rusa "Kalinka".
En segundo lugar os veciños da Coral San Salvador de Pazos de Ponteceso amosaron porque son un concello tan polifónico presentando un programa de panxoliñas, habaneras, cantigas galegas e tamén sudamericanas. Unha das que máis gustou foi "La llorona" de Chabela Vargas.
A nosa amiga Miriam Fdez. Marin dirixiu á Coral San Valentín de Fene coa mesma maestría de sempre e gustaron moito as cantigas  "Foliada do Salnés" e "O meniño mariñeiro".
Pechamos este XII Memorial Pepe Valiña nós, a Coral Xan Mella, cun repertorio ecléctico de cantigas galegas, habaneras e panxoliñas portuguesas. Das máis aplaudidas foron "Lela" , "María la portuguesa" e "Linda noite".
Para rematar, despois dos agasallos de rigos ás corais convidadas, o público bateu palmas ao son de "Katiusha" como xa é tradicional para pechar este concerto e desexar unha Boas Festas de Nadal e un feliz e musical 2016.

No hay comentarios: