Coral polifónica Xan Mella
Este caderno de bitácora (a falta de páxina web) quere ser o sitio de encontro e información de todos os que formamos a familia da Coral polifónica Xan Mella de Baio. Aqui informaremos das actuacións, poñeremos fotos, escribiremos sobre as nosas inquedanzas e debatiremos sobre a música coral na nosa Costa da Morte. Para contactar con nós: coralxanmella@hotmail.com ou no tfno: 981 71 81 59
sábado, junio 27, 2009
Chegou o verán e con el as merecidas vacacións. Aquí os deixamos un reportaxe fotográfico dos últimos actos que temos organizado nesta semana: a Noite da Cachela de San Xoán e o Festival de Fin de curso da Escola de Música Pepe Valiña:
nais e alumnos coa profesora Tatiana Pankrátova, o Cuarteto de corda de Baio, e Miguel, Gelucho, Edelmiro, Luís Pérez e Emilio Busto nos preparativos da cachela.
Bo verán para todos os desexa a
AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella
lunes, junio 22, 2009
Do concerto en Baio
Despois do concerto... máis festa
Con grande éxito de público (a igrexa nova estaba ao completo) celebramos o sábado pasado en Baio o VII Encontro de Corais.
Abriu o concerto a Coral a Gaiteira de A Coruña, dirixida por Antonio Piñeiro, que, a pesares de ser somente dazaoito coralistas, soaron moi afinados e gustaron sobre todo no pupurri de boleros e na "Canción de Solveig" con Mª Cruz Iglesias de soprano solista cunha gran voz que recibiu moitísimos aplausos do público.
En segundo lugar a Coral piloñesa Ars nova de Infiesto (Asturias) amosou porque é unha das corais asturianas máis laureadas. Dirixida por Miriam Martínez presentou un programa moi variado e foron moi aplaudidos os temas "El hombre del piano" e "María la portuguesa".
Como peche actuou a coral anfitriona Xan Mella dirixida por Tatiana Pankrátova. A coral segue a medrar en cantidade e calidade soando moi afinada e potente destacando nos matices harmónicos. Moi aplaudido foi o tema "Lela" (a primeira vez que se cantaba en Baio) e as dúas habaneras.
E despois cea pantagruélica cos callos cociñados por Isabel do Muíño no que non faltaron os cantares de sobremesa. E despois... máis festa por Baio.
Foi unha bonita noite musical e de amizade e dende aquí moitas gracias aos nosos amigos de A Coruña e de Infiesto.
domingo, junio 14, 2009
VII Encontro de corais en Baio
.jpg)
O Encontro de corais en Baio marca o inicio dunha tempada estival na que a polifonía está moi presente na nosa Costa da Morte. Como xa é tradición, no sábado anterior ao fin de semán da Carballeira de Baio, a nosa vila labartiana acolle o Festival de polifonía que este ano conta coas corais A Gaiteira de A Coruña, a Polifónica piloñesa Ars Nova de Infiesto (Asturias) e a anfitriona Coral polifónica Xan Mella
VII Encontro de corais
Igrexa nova de Baio
sábado 20 de xuño
21:00 hs
Coral A Gaiteira (A Coruña)
Coral Ars nova de Infiesto (Asturias)
Coral Xan Mella (Baio)
Facendo click sobre o programa de man tedes máis información.
Da misa á mesa
Pola mañá cantamos a misa de Corpus na Igrexa de Baio pequeno e todo foron felicitacións para a Coral e para a nosa directora.
E á noite xuntámonos coralistas, familiares e amigos na xa tradicional cea de confraternidade. Disfrutamos do bacallau e do solomillo ibérico no Restaurante A Lareira de Baio e despois todo foi cantar e cantar... O dito: "Da misa á mesa"
jueves, junio 11, 2009
Misa de Corpus en Baio

Como ven sendo tradición, xa desde o ano 2004,
o sábado 13 de xuño a Coral polifónica Xan Mella
cantará a Misa de Corpus na Igrexa de Baio pequeno.
O oficio será ás 13:00 horas e a coral que dirixe Tatiana Pankrátova
rematará a función co Ave Verum corpus de Mozart.
Próximos actos da AMC Pepe Valiña
- sábado 20 de xuño: VII Encontro de corais. Coral A gaiteira (A Coruña),Coral Ars nova de Infiesto (Asturias) e Coral Xan Mella Igrexa nova (Baio) 21:00 horas
- martes 23 de xuño: Cachela de San Xoán (Baio) sardiñas e borona de balde
- venres 26 de xuño: Festival de clausura da Escola de Música Pepe Valiña(auditorio do Pavillón de Baio), 21:00 horas
lunes, junio 08, 2009
De A Coruña a Lamas (Zas)
O concerto do pasado sábado en A Coruña foi outro éxito para a Coral que dirixe Tatiana Pankrátova nun Auditorio do Forum Metropolitano ateigado dun público esixente (houbo algúns que non poido entrar ao esgotarse as invitacións) que nos adicou longos e fortes aplausos e que poideron disfrutar dun variado programa no que compartimos cartel coa Polifónica Moañesa e a Coral "Endesa" de As Pontes co motivo do XV Encontro de corais organizado pola Sociedade A Gaiteira.
E xa o domingo, de volta á casa, cantamos a Misa da Milagrosa de Lamas (Zas). Ao remate do oficio relixioso, e a petición do noso párroco Don Francisco Espasandín, a Coral Xan Mella entoou o "Ave María no Morro" baixo un profundo silencio e respecto que fixo emocionarse a máis dunha persoa.
Despois... aínda que chovía, como podedes ver na foto, algúns quedamos a tomar o vermú e participar nos bailes da misa.
Non todo vai ser cantar... ou si?
- O vindeiro sábado 13 de xuño a Coral Xan Mella cantará a Misa de Corpus na Igrexa de Baio pequeno ás 13:00 horas.
domingo, mayo 31, 2009
Actuación en A Coruña
A Coral Xan Mella actuará o vindeiro sábado 6 de xuño en A Coruña no Auditorio do Forum Metropolitano ás 20:30 horas. Será un festival no que compartiremos cartel coas corais Polifónica Moañesa (Pontevedra) e a Coral de As Pontes de García Rodríguez. Presentaremos un programa de habaneras, cancións galegas, música rusa e o famoso "Eres tú".
E ao día seguinte, domingo 7 de xuño, a nosa coral, que dirixe Tatiana Pankrátova, cantará a Misa da Milagrosa en Lamas (Zas) ás 13:00 horas onde estreará unha misa en galego.
Vindeiras actuacións:
- sábado 13 de xuño: Misa de Corpus en Baio
- sábado 20 de xuño: VII Encontro de corais coa Coral Ars Nova de Infiesto (Asturias) e Coral A Gaiteira de A Coruña. Baio, Igrexa nova ás 21:00 horas
miércoles, mayo 27, 2009
Do concerto en Muxía

O domingo pasado cantamos en Muxía no "Salon do Voluntariado" e todo foron parabéns. Presentamos un programa de cancións galegas e habaneras e, a petición do público, tivemos que agasallar ao repestable cunha propina que neste caso foi a habanera "Torrevieja".
O concerto foi organizado pola asociación Neria e dende esté blog queremos agradecerlle todo o bo trato ao secretario da asociación, Xan García, que se portou moi ben coa Coral.
As vindeiras actuacións será en A Coruña, no Forum Metropolitano o sábado 6 de xuño. E o domingo 7 cantaremos a misa da Milagrosa en Lamas (Zas). Seguiremos informando.
