Vistas de página en total

miércoles, abril 15, 2015

Concerto en Vigo

O vindeiro sábado 18 de abril a nosa Coral Xan Mella participará nun festival de polifonía na Cidade de Vigo convidada pola Coral Máximo Gorki da cidade olívica. O concerto terá lugar no Paraninfo do IES Santa Irene ás 20:00 horas e tamén participará o Coro do Colexio de avogados de Pontevedra.
Neste especial concerto titulado "Cancións do mundo" interpretaremos temas en catro idiomas: galego, inglés, castelán e ruso e estaremos acompañados pola xoven pianista Antía Vidal.
Aproveitaremos a viaxe para facer un pouco de turismo cultural e gastronómico visitando a veciña Portugal.
O vídeo que acompaña esta entrada corresponde á presentación en público do Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio , o pasado 27 de decembro, cantando conxuntamente coa Coral Xan Mella e dirixidos, dende a súa fundación, pola profesora Tatiana Pankrátova.
Hai canteira!


No hay comentarios: