Vistas de página en total

jueves, abril 23, 2015

Do concerto en Vigo



Fantástica a xornada do sábado 18 de abril co motivo da nosa actuación en Vigo. 
Pola mañá visitamos a vila portuguesa de Vilanova de Cerveira (ainda que choveu algo viñemos cargados de compras...) e, despois de comer no Restaurante El Lugar de Oia, demos un paseo pola tamén interesante vila de Baiona. Visitas que a nosa Asociación queres "institucionalizar" anualmente polo ben que o pasamos. Levamos o autocar ata os topes!
Xa á noitiña a nosa Coral participou no Encontro de corais "Cancións do mundo" no paraninfo do IES Santa Irene de Vigo convidada pola anfitrioa Coral Máximo Gorki  e no que cantou tamén o Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra. 
Foi un encontro de polifonía de moita calidade no que se poideron escoitar quince cancións en moi diferentes línguas e no que nós cantamos en galego, castelán, ingles e ruso sendo moi aplaudidos e felicitados polo público asistente e polos membros das outras corais.
Gustou moito a interpretación do "Aleluia" de Leonard Cohen (acompañados pola xoven pianista Antía Vidal) e tamén o "Hijo de la luna" de Mecano. Rematamos con "Katiusha" (en deferencia á coral olívica que leva o nome dun escritor ruso) co acompañamento do público batendo palmas.
Ao remate tremendo pincheo pantagruélico no que non faltaron as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas aos nosos amigos das dúas corais aos que pronto teremos o pracer de escoitar en Baio.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Поздравляю, очень хорошая мысль

---

Serial Number. Источник: [url=http://cardsoft.weebly.com/blog/serial-number1]http://cardsoft.weebly.com/blog/serial-number1[/url].