Vistas de página en total

miércoles, abril 08, 2015

Principiamos!




Por motivos alleos á nosa vontade o noso blog non estivo operativo dende Nadal. Pero aquí estamos de novo dispostos a seguir traballando e levando a nosa música a moitas partes.
A primeira actuación do ano será o vindeiro sábado 18 de abril en Vigo, no Auditorio do IES Santa Irene convidados pola Coral Máximo Gorki. Seguiremos informando.
As fotos que ilustran este post foron sacadas na presentación do Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña o 27 de decembro pasado. Foi todo un éxito. Hai canteira!

No hay comentarios: