Vistas de página en total

miércoles, septiembre 10, 2014

Concerto en Oia (Pontevedra)



O vindeiro sábado 13 de setembro a nosa Coral Xan Mella participará nun festival de polifonía en Oia (Pontevedra) convidada pola Coral “Vagalume” de Santa María de Oia e no que tamén participará o Orfeón “Asomamos” de Mos e o grupo de Gaiteiros “Tra lo mosteiro”. A coral que dirixe dende a súa fundación Tatiana Pankrátova presentará un programa de habaneras, cantigas galegas e música pop e estará acompañada ao piano por Antía Vidal.
O concerto será ás 20:30 na Igrexa do Mosteiro de Oia e coralistas e acompañantes aproveitarán a mañá para visitar a Feira de Vilanova de Cerveira (Portugal) e xa pola tarde farán un percorrido pola vila de Baiona.

De aquí a Nadal a coral ten programadas actuacións en A Coruña capital, Mugardos, Corcubión e Vimianzo e rematará o ano co XI Memorial Pepe Valiña en Baio o sábado 20 de decembro.

No hay comentarios: