Vistas de página en total

miércoles, junio 25, 2014

Do XII Encontro de corais









Moi fermosa a velada musical que celebramos o  pasado domingo na Igrexa Nova de Baio (que non estaba tan ateigada coma sempre, posiblemente pola hora inusual e pola festa de San Adrián).
Principiou este XII Encontro de corais a polifónica de Ribadavia (Ourense)  dirixida por César Lorenzo Álvarez da que gustou moito a "Canción do temporal" e os baieses alí presentes tivemos unha agarimosa lembranza para o sempre Amigo Marcial Montes ao escoitar o tema arxentino "Vuelve".
Coa batuta do mesmo director a polifónica de Oia (Pontevedra) abríu a súa intervención coa habanera "Te quisiera llevar", un tema que se canta moito na terra do noso presidente (Ribadeo) pois a letra aparece no libro "Ribanova" escrito por Calvo Sotelo tío. Tamén gustou moito outra habanera: "Era una flor"
Pechou a velada a nosa Coral Xan Mella, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, que foi moi aplaudida e felicitada sobre todo pola interpretación do tema "Aleluia" de Leonard Cohen que se cantaba por vez primeira en Baio e que foi acompañada ao piano por Antía Vidal.
Por suposto que non faltou a cea post-concerto a base de canapés estilo bielorruso, estofadillo cociñado por Maruja de Costa e  moitas sobremesas, moi variadas e moi ricas, a cargo das mulleres da coral.
Moitas grazas a todos os que axudaron na celebración deste concerto de corais (sobre todo ao Concello de Zas, Deputación de A Coruña, Parroquia de Santa María de Baio e Comunidade Educativa do Colexio Labarta Pose) e tamén moi agradecidos aos nosos amigos de Ribadavia e de Oia aos que pronto lles devolveremos a visita.

No hay comentarios: