Vistas de página en total

jueves, septiembre 18, 2014

Do concerto en Oia (Pontevedra)












O sábado pasado a nosa Coral Xan Mella de Baio-Zas participou nun encontro de polifonía en terras pontevedresas. A espectacular igrexa do monasterio cisterciense de Santa María de Oia foi o marco no que a coral labartiana, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, deixou sentir as súas voces sendo moi felicitados polo numeroso público asistente e polos compoñentes das outras corais participantes: a anfitrioa “Vagalume” e o Orfeón “Asomamos” de Mos.
A coral presentou un variado programa de cancións galegas, habaneras e música pop e das máis aplaudidas foron o “Aleluia” de Leonard Cohen e a habanera “Yo quiero ser marinero” que volvíamos a cantar despois duns anos no “olvido”. Ámbalas dúas foron acompañadas pola xoven pianista Antía Vidal.
A directiva da coral aproveitou este evento de polifonía para contactar con outras corais pontevedresas e apalabraron actuacións en Mos e en Vigo capital.
Non todo foi música pois coralistas e acompañantes aproveitamos o día para facer un pouco de turismo cultural e gastronómico visitando a Feira da fermosa vila de Vilanova de Cerveira (Portugal).
Moitas grazas aos nosos amigos do Orfeón "Asomamos" de Mos e aos anfitrións da Coral "Vagalume" de Oia pola fermosa velada que pasamos xuntos e a festa-post concerto na que non faltaron as cantigas de sobremesa.

A Xan Mella continúa os ensaios preparando o seu vindeiro compromiso que será o sábado 4 de outubro no Festival de Habaneras que se celebrará no Auditorio da Casa do Mar na Coruña.

No hay comentarios: