Vistas de página en total

martes, abril 29, 2014

Concerto en Barreiros (Lugo)

Despois dun duro cuatrimestre de ensaios (que non apareceran posts no blog non quere dicir que estivésemos durmindo) volvemos ás actuacións en vivo e en directo.
O Vindeiro sábado día 3 de maio viaxaremos ata a provincia de Lugo, a San Cosme de Barreiros, onde participaremos no II festival de Habaneras  compartindo esceario e boas vibracións coas corais asturianas  Sociedad Coral La Felguera " Maestro Lozano" e Coral Polifónica " Añoranzas de Las Piezas " ( Langreo) e a anfitriona Coral Polifónica de Barreiros.
O concerto será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro e a nosa coral Xan Mella dirixida, coma sempre, por Tatiana Pankrátova interpretará un variado repertorio non só de habaneras senón tamén de canción galega e música popular co estreo do tema Hallelujah de Leonard Cohen no que a coral Xan Mella estará acompañada de Antía Vidal ao piano.

No hay comentarios: