Vistas de página en total

jueves, diciembre 19, 2013

Crónica do X Memorial Pepe Valiña





  



O pasado sábado 14 de decembro celebramos en Baio o tradicional Concerto de Nadal Memorial Pepe Valiña que este anó cumpría a súa décima edición. 
Coa Igrexa Nova ateigada de xente e cun ambiente moi cálido (puxemos un potente calefactor) acompañáronnos nesta ocasión O Coro de Mulleres de Camariñas, a Coral de Barreiros (Lugo) e a Coral Brisas do Mar de Corme, que deleitaron á audiencia con cantigas galegas, habaneras, folclore sudamericano, pasodobres, e, coma non, panxoliñas. O concerto rematou como é xa tradicional coa coral anfitrioa Xan Mella de Baio cantando Katiusha e co público e as outras corais batendo palmas ao compás da cantiga rusa.
Houbo tamén uns merecidos homenaxes para dúas persoas moi estimadas pola Asociación Pepe Valiña-Coral Xan Mella: para Dona Carme Ribeiro por facernos ser aló onde vamos "A coral do Liño" e a Don Miguel Reimúndez por unha década na vicepresidencia da asociación.
Xa despois as catro corais gozamos dunha pantagruélica cea a base de canapés estilo bielorruso, tortillas da bisbarra, sopa de Maruja de Costa, callos de Isabel do Muiño, rosco de Pilarita Paredes, café e chupitos, todo ben regado con viño mencía. Non faltaron tampouco as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas ás nosas amigas de Camariñas e aos amigos das corais de Barreiros e Corme por facernos pasar unha tarde-noite moi especial.

Felices Festas de Nadal 
e que o 2014 
veña cargado de ledicia e moita música.

No hay comentarios: