Vistas de página en total

lunes, mayo 05, 2014

Do concerto en Barreiros





O sábado pasado actuamos en Barreiros (Lugo) no II Festival de habaneras compartindo cartel  coa Sociedad Coral La Felguera "Maestro Lozano" e a Coral polifónica "Añoranzas de las piezas" de Langreo (que cantaron conxuntamente) e cos anfitrións da Coral polifónica de Barreiros.
Non foi unha velada polifónica na que so se escoitaron habaneras, tamén poidemos gozar de boleros, cantigas asturianas e galegas, pasodobles e a coral anfitriona atreveuse ata co Can´t help falling in love de Elvis Presley.
Nós estreamos o Hallelujah  de Leonard Cohen e fomos moi aplaudidos e felicitados polo numeroso público asistente e polos compoñentes das outras corais. Para este estreo contamos coa colaboración de Antía Vidal ao piano que o fixo moi ben, e tamén coa colaboura do Dr. Antonio Vidal que exerceu de "pasador". Moitas grazas aos dous, seguemos medrando en colaboracións.
E despois tremenda papatoria post-concerto  no que non faltaron as cantigas de sobremesa co acompañamento de Óscar Moya á guitarra.
Moitas grazas aos nosos amigos de Barreiros pola calurosa acollida e tamén ás corais asturianas por tan fermosa tarde polifónica.

No hay comentarios: