Vistas de página en total

jueves, diciembre 12, 2013

X Memorial Pepe Valiña

O vindeiro sábado 14 de decembro ás 21:00 horas celebraremos na Igrexa nova de Baio o tradicional Concerto de Nadal Memorial Pepe Valiña que este ano cumpre a súa décima edición. O sempre lembrado Valiña era un namorado da súa Costa da Morte e por iso este ano contaremos con  tres corais da nosa bisbarra (Camariñas, Corme e a Xan Mella de Baio) ademáis dunha coral da mariña lucense: a Coral de San Cosme de Barreiros.
Esperamos que sexa unha fermosa velada de polifonía á que quedades todos convidados. Ademáis este ano contaremos cun potente equipo de calefacción para facer a tarde-noite ainda máis agradable.
Na organización deste X Memorial colaboran o Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.

No hay comentarios: