Vistas de página en total

martes, noviembre 26, 2013

A Coral Xan Mella nesta última semán




Damos conta neste post das últimas actividades da Coral Xan Mella:

  • O domingo 17 de novembro participamos en Vimianzo no III Encontro de corais da Terra de Soneira xunto ao Coro de Camariñas e a Coral Lusco e Fusco de Vimianzo. Unha grata velada con numerosa afluencia de pública e tres corais soneiráns que o dimos todo sobre o esceario. 
  • Xa o venres 22 celebramos a tradicional Cea en honor da música e dos músicos no Restaurante A Raxería de Baio onde coralistas e achegados disfrutamos dun pantagruélico menú. Podedes supoñer que ademáis de comer e beber non faltaron as cantigas e os bailes...
  • E o pasado domingo participamos na misa das vodas de ouro de dous coralistas: Carlos Rodríguez e Maruja Canay na Igrexa nova de Baio. Parabéns a esta querida parella e que cumplan moitos máis anos convivindo xuntos.
  • E estamos ultimando os detalles para o X Memorial Pepe Valiña que celebraremos na Igrexa nova de Baio o vindeiro sábado 14 de decembro ás 21:00 horas nos que nos acompañarán as seguintes agrupacións polifónicas:Coro de Mulleres de Camariñas, Coral de Barreiros (Lugo), e Coral Brisas do Mar de Corme.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parabens por esas vodas de ouro!
Que sexades moi felices Costa e Maruja!