
O próximo sábado 20 de novembro a Coral polifónica Xan Mella actuará en O Carballiño (Ourense) no V Certame de Corais "En clave coral" que organiza a FECOGA e a Xunta de Galicia compartindo esceario co Coro Apóstol Santiago de Vigo e os anfitrións da Coral polifónica do Casino do Carballiño.
O concerto celebraráse ás 20:00 horas no Salon de Actos do Casino do Carballiño.
Xa en decembro a coral que dirixe Tatiana Pankrátova cantará unha misa na Laracha o domingo 12 e pechará o ano co tradicional Concerto de Nadal VII Memorial Pepe Valiña que se celebrará o sábado 18 na igrexa nova de Baio ás 21:00 horas e que este ano terá como convidados ao Coro de Mulleres de Vilaboa (Culleredo) e á Coral de Malpica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario