

Por quinto ano consecutivo (tantos coma edicións) participamos no Certame En Clave Coral. Este ano tocou actuar na vila ourensá de O Carballiño xunto á anfitriona Coral do Casino e os vigueses do Coro apóstol Santiago.
Presentamos un programa que gustou moito ao público que enchía o salón de actos do Casino local (da acústica é mellor non falar) e tamén aos compoñentes das outras corais participantes; sobre todo foi moi aplaudida a nosa interpetación de "Hijo de la luna" e o remate co público batendo palmas aó compás de "Katiusha".
E agora xa estamos inmersos nos preparativos do Concerto de Nadal Memorial Pepe Valiña que celebraremos na Igrexa nova de Baio o sábado 18 de decembro ás 21:00 horas e no que contaremos co Coro de Mulleres de Vilaboa (Culleredo) e a Coral de Malpica como corais convidadas.
Pero antes festexaremos a festividade de Santa Cecilia o vindeiro sábado no Restaurante A Lareira de Baio onde celebraremos unha cea de confraternidade reuníndonos coralistas, familiares e amigos.
Non todo vai ser cantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario