

Despois dos actos de presentación nas Torres do Allo do noso novo Cd "De Entrañas da Terra" e de cantar a Misa conmemorativa do XXV aniversario da inauguración da Igrexa nova de Baio retomamos os ensaios para preparar a Xira de presentación do novo disco:
- 11 de setembro.- participaremos no XV Festival de Habaneras de Rianxo convidados pola Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro con motivo das Festas da Virxe de Guadalupe. Será ás 21:00 horas no Auditorio Municipal e ademáis da anfitrioa tamén cantarán a Coral de As Pontes de García Rodríguez e a Coral de Cordeiro.
- 23 de outubro.- cantaremos na II edición do "Encontro de Corais da Costa da Morte" que se celebrará no Auditorio de Cabana de Bergantiños organizado pola Asociación Neria.
- 31 de outubro.- Viaxaremos a Mos (Pontevedra) representando á provincia de A Coruña na "V Xuntanza coral de canto galego: O Son dos Cantares". Neste encontro polifónico participan unha coral por cada provincia galega máis unha coral portuguesa.
- 20 de novembro.- Seleccionados pola Federación coral Galega e a Xunta de Galicia cantaremos en O Carballiño (Ourense) no V Certame En Clave Coral.
- 18 de decembro.- Celebraremos en Baio o VII Memorial Pepe Valiña xunto ao Coro de Mulleres de Vilaboa (Culleredo-A Coruña) e a Coral de Malpica.
A foto de Tatiana Pankrátova dirixindo á coral é
un gran artista amigo da nosa Asociación Pepe Valiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario