


Principiamos a xira de presentación do noso novo Cd o pasado sábado nas Festas da Virxe de Guadalupe en Rianxo cunha vila ateigada e un Auditorio Municipal ata a bandeira para gozar do XV Certame de Habaneras.
Aínda que fomos algo curtos de plantel (faltaban dez compoñentes da Xan Mella, que por motivos persoais/profesionais non poideron estar neste concerto) pagou a pena compartir cartel cos anfitrións da Polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro e as Corais Endesa das Pontes de García Rodríguez e Santa Comba de Cordeiro (Valga).
A vila de Castelao emocionouse coa nosa interpretación de "Lela" e o acorde final de "Torrevieja" apenas se poido escoitar porque un público entregado nos premiou coa mellor das súas ovacións.
Ao final as catro corais interpetamos conxuntamente "A Rianxeira", non podía ser outra, e, despois dos protocolarios pinchos post-concerto regresamos a Baio cantando e cantando no bus co acompañamento á guitarra do noso bo amigo Óscar Moyá.
Moitas grazas aos nosos amigos do Liceo Marítimo Rianxeiro aos que teremos pronto por estas terras labartianas.
Próxima parada: sábado 23 de outubro, Cabana de Bergantiños, "II Encontro de corais da Costa da Morte".
No hay comentarios:
Publicar un comentario