Vistas de página en total

lunes, agosto 30, 2010

Crónica da presentación do novo Cd da Xan Mella





O Pazo das Torres do Allo quedou pequeno para acoller a presentación da nova gravación da Coral Xan Mella titulada "De entrañas da terra". Máis dun cento de persoas se deron cita nun acto que contou coas intervencións de Antonio Díaz Amor (presidente da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella), Ricardo García Mira (catedrático de psicoloxía social da Universidade da Coruña), Perfecto Varela Vázquez (compositor borneirán do que a Xan Mella gravou dúas cancións neste novo CD), Tatiana Pankrátova (directora da coral) e Manuel Muíño (Alcalde do Concello de Zas).
Todos os intervintes resaltaron a importancia que ten gravar un segundo CD para unha coral con tan só oito anos de existencia e pertecente a unha vila de pouco máis de mil cincocentos habitantes; "un orgullo para o noso Concello" comentou o alcalde Zas, "unha gravación necesaria porque a coral medrou en calidade" en palabras do noso presidente e "un disco froito do traballo de moitas horas de ensaio e con trece temas de moita máis complexidade que os do primeiro CD" en palabras da nosa directora Tatiana Pankrátova.
Ao remate proxectouse uha pequena película que recolle anéctodas do día da gravación.
A festa continuou en Casa Rogelio de Baio ata altas horas da madrugada onde, por suposto, non faltaron as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas a todos, especialmente á Deputación da Coruña e á Fundación Paideia (que subvencionaron parte do custo da gravación), ao Concello de Zas e á Asociación Neria que nos cediu xentilmente o Pazo das Torres do Allo.
Agora estamos ensaiando para as próximas actuacións:
  • 5 de setembro: misa de festa en Baio Grande
  • 11 de setembro: festival de Habaneras en Rianxo

No hay comentarios: