Vistas de página en total

martes, mayo 04, 2010

Da viaxe a Madrid




De éxito total podemos calificar a nosa viaxe e actuacións en Madrid. Pagou a pena viaxar toda a noite para despois cantar a misa na catedral da Almudena para homenaxear ao lembrado Uxío. Cunha acústica impresionante e acompañados ao órgano por Iria Ameixeiras a coral que dirixe Tatiana Pankrátova soou coma nunca e o Ave María no Morro do final fixo emocionarse a moitos dos que estábamos presentes. Ao remate ofrenda floral ao lembrado Amigo e interpretación do himno galego.
Finalizada a cerimonia directora e coralistas foron moi felicitados. "No contábamos que una coral de aldea pudiera sonar tan bien"
Xa pola tarde, con moito calor, o salón de actos do Centro Galego quedouse pequeno para acoller o concerto que facía a centena das actuacións da nosa coral. Aínda que a acústica non era a máis axeitada (non era como a da mañá) a coral foi moi aplaudida presentando un programa moi variado que fixo emocionarse aos presentes entre os que se atopaban unha nutrida representación baiesa residente na capital. Ao remate cantamos todos o Himno galego e o público, posto en pe, pediu insistentemente que seguísemos cantando.... pero o protocolo di que despois do himno... acabouse a función
Despois pantagruélica cea no Restaurante Riazor no que non faltaron as cantigas acompañados por ÓscarMoya á guitarra e Perfecto Varela ao saxofón.
O domingo pola mañá tour turístico por Madrid e paseo polo parque do Retiro. Chegamos derrangados a Baio. A vida de artista... é moi dura.
E non paramos: esta semana ensaiando duramente porque o domingo gravamos o noso segundo CD.

No hay comentarios: