
O vindeiro domingo 9 de maio a Coral Xan Mella viaxará á Coruña a gravar o que será o seu segundo CD. A gravación realizaráse nos Estudos da Fundación Mans-Paideia e está patrocinada pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia.En dúas sesións (mañá e tarde) a Coral que dirixe Tatiana Pankrátova traballará con habaneras, cancións galegas e folclore internacional. Neste novo disco tamén aparecerán dous temas compostos expresamente para a coral baiesa polo músico borneirán Perfecto Varela: "De entrañas da terra" e a "Habanera de Baio" con letra do profesor Antonio Díaz Amor.
Disfrutado o éxito das actuacións en Madrid o pasado fin de semana coralistas e directora están moi ilusionados con este novo reto despois de que xa non queden exemplares da súa primeira gravación do ano 2006.
No hay comentarios:
Publicar un comentario