
Este fin de semana a Coral Xan Mella viaxa a Madrid: o sábado 1 de maio ás 12:00 horas cantaremos unha misa na Catedral da Almudena pola memoria do insigne baiés Uxío Romero Pose que foi bispo auxiliar de Madrid e cando se cumplen exactamente 13 anos anos da súa consagración nesa mesma catedral das mans de Rouco Varela. Xa pola tarde, ás 20:00 horas a coral baiesa ofrecerá un concerto no Centro galego de Madrid, na Calle Carretas.
Dase a circunstancia que esta actuación no Centro Galego será a número CEN da coral que dirixe Tatiana Pankrátova e para elo temos preparado un programa especial en dúas partes: na primeira ofreceremos diversos temas do folclore internacional e na segunda soaran exclusivamente cantigas galegas (para ver programa pincha aquí)
Para esta actuación os homes da coral estrearán unha fermosas gravatas de liño feitas a man, agasallo de dona Carme Riveiro e dos Amigos do liño de Baio.
Xunto á nosa coral viaxará un segundo autobús de acompañantes nunha viaxe paralela organizada polas Amas de Casa e a Asociación de veciños de Baio; coralistas e acompañantes aproveitaremos o fin de semana para visitar os lugares máis emblemáticos da capital do Estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario