Vistas de página en total

domingo, marzo 28, 2010

Éxito en Salceda







Onte sábado participamos no Festival de presentación do primeiro CD do Coro polifónico de Entenza en Salceda de Caselas compartindo cartel coa coral anfitriona e máis a Banda de música de Salceda de Caselas e o Grupo de gaitas Os Zoqueiros.
A Coral Xan Mella foi moi aplaudida e felicitada (entre os asistentes se atopaba o mestre-compositor Rey Rivero e Antonio Rey, o presidente da FECOGA, que se interesaron polo traballo da nosa coral que dirixe Tatiana Pankrátova) pola interpretación dun programa variado no que destacou María la portuguesa e o remate-propina de Katiusha coa colaboración dun Auditorio Municipal ata a bandeira batendo palmas ao compás da cantiga rusa.
Parabéns e o noso agradecmento para os amigos de Entenza polo seu primeiro traballo discográfico e pola súa calidade humana que se amosou no ben que nos trataron dende o primeiro momento ata o último (despedímonos dos exquisitos pinchos post-concerto cun sentido "Adios con el corazón" esperando velos e escoitalos pronto en Baio).

No hay comentarios: