Vistas de página en total

martes, noviembre 24, 2009

Concerto en Carballo


O vindeiro sábado 28 de novembro a Coral polifónica Xan Mella participará no tradicional Concerto de Santa Cecilia que organiza a Coral polifónica de Bergantiños. Será no Pazo da Cultura de Carballo ás 21:00 horas e tamén cantará a Polifónica padronesa.
Próximos concertos:
  • Domingo 13 de decembro en Teo
  • Sábado19 de decembro en Baio (VI Memorial Pepe Valiña)

domingo, noviembre 22, 2009

Corais na Costa da Morte




De "día histórico" calificou Xan García (secretario de Neria e presentador do acto) o Encontro de corais da Costa da Morte que se celebrou este fin de semana en Corcubión. Claro que si. Era a primeira vez que nos xuntábamos seis das moitas corais que hai neste Fin do Mundo e foi unha xuntanza de confraternidade que ogallá se volva a repetir con periodicidade. Virá o momento de reflexionar sobre a organización, calidade, repertorio, número de corais... Pero agora quédanos o bo recordo dunha tardiña de sábado na que todo foi camaradería e boas intencións, na que a nosa Coral Xan Mella deixou o pabillón ben alto cantando "Jardín de ensueño", "Lela" e "María la portuguesa".
A Asociación Neria agasallounos cunha peza de cerámica preciosa do artista Nacho Porto e ao final todos xuntos cantamos, é un dicir, "O Voso galo comadre". O dito: Que se repita.

lunes, noviembre 16, 2009

Éxito en Vilaboa e actuación en Corcubión



O sábado pasado fomos moi aplaudidos e felicitados no Festival de música galega no que participamos en Vilaboa. Compartimos cartel coa Coral de mulleres de Vilaboa e a Coral de Soutomaior, dirixidas por dous bos amigos: Antonio Piñeiro e Javier Comesanha.
Coral Xan Mella de Baio
Coral de Mulleres de Camariñas
Coral de Cesullas
Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral polifónica Neria
Coral brisas do mar de Corme

jueves, noviembre 12, 2009

Actuación en Vilaboa (Culleredo)

Seguimos coa xira outonal. A Coral Xan Mella actuará este sábado 14 de novembro en Vilaboa (Culleredo) invitada pola Coral de mulleres de Vilaboa. O concerto será ás 20:00 horas na igrexa e tamén cantará a Coral de Soutomaior.

lunes, noviembre 09, 2009

Actuación en Paços de Ferreira



Este pasado fin de semana realizamos a nosa primeira saída internacional. A Coral Xan Mella participou no XXV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira en terras portuguesas. Saímos cediño de Baio e fixemos unha parada (para repostar forzas e mercar... toallas) en Valença do Minho. Un grupiño fixémonos unha foto nunha das portas de entrada á Fortaleza.
Con nós viaxou o Alcalde do noso Concello (Manuel Muíño) e á chegada a Paços recibíronnos institucionalmente na Cámara municipal (Pazo do Concello) de Paços de Ferreira. Na foto vemos ao noso alcalde xunto ao alcalde anfitrión (Pedro Oliveira Pinto) e a Antonio Díaz Amor (presidente da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella). Houbo pequenos discursos e intercambio de agasallos. Despois tivemos comida coas outras corais e visita turística á Citania de San Fins.
Pola noite foi o concerto para celebrar o XVV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira. Compartimos cartel cos anfitrións e mais o Coro Airiños da Capela e o Coro Xoven Sons a Capela da comarca de Ferrolterra (A Coruña). Foi todo un éxito cun auditorio da Biblioteca Municipal profesor Vieira Dinis ata a bandeira que non cansou de aplaudir sobre todo coa interpretación de Lela (que emocionou moito aos presentes, coma sempre) e co estreo de "María la portuguesa"(xa en youtube, PINCHA AQUÍ) de Carlos Cano un tema co que quixemos agasallar aos nosos amigos portugueses.
O domingo, pola mañá participamos nos cánticos da misa coa nosa "Ave María no Morro". Despois de xantar regresamos á nosa terriña con moi bo sabor de boca sabendo que na viciña lusitania temos uns bos amigos que estarán con nós o vindeiro sábado 19 de decembro no Concerto de Nadal VI Memorial Pepe Valiña.

jueves, noviembre 05, 2009

Viaxe a Portugal


A Coral Xan Mella, dirixida por Tatiana Pankrátova, viaxará a Portugal o vindeiro sábado pola mañán para participar no XXV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira no que será o noso primeiro concerto fora das fronteiras españolas. Xunto a nós viaxará unha nutrida representación institucional e social encabezada polo Alcalde de Zas (Manuel Muíño). Tamén nos acompañarán o presidente da Asociación de Veciños Tabeirón (Manuel Nuñez) e a presidenta da Asociación de Amas de casa de Baio (Merche Reymúndez).
O Concerto será o sábado 7 ás 21:30 horas no Auditorio da Biblioteca Municipal Profesor Vieira Dinís de Paços de Ferreira e presentaremos un programa moi variado pechando a nosa actuación coa estrea de "María la portuguesa" de Carlos Cano en versión coral.
O domingo pola mañá cantaremos tamén unha misa na mesma vila. Pero antes... faremos un pouco de turismo, comeremos bacallau e frango, beberemos viño verde, tentaremos ver ao sancristán de Coimbra... xa vos contaremos.

domingo, noviembre 01, 2009

Xan Mella en Campañó



Onte actuamos en Campañó (Pontevedra) no IV Certame En Clave Coral, que organiza a Fecoga e a Xunta de Galicia, xunto ás corais Baiona la Real e os anfitrións Airiños de Campañó. Moito nivel, e a nosa coral deixou o pabillón ben alto destacando na potencia e nos matices harmónicos. Fomos moi aplaudidos e felicitados e, como está acontecendo ultimamente, gustou moito o tema "Lela". Do que vos deixamos neste video a interpretación que fixemos en Baio no concerto deste último verán. (tamén se pode ver en you tube)
Moi ben o concerto e moi ben tamén o post-concerto cunha queimada feita nunha cabaza que estaba exquisita.
Moitas grazas aos nosos amigos da Coral de Campañó, fantásticos anfitrións que pronto os escoitaremos por estas terras da Costa da Morte (con cabaza e queimada incluída).