
A Coral Xan Mella, dirixida por Tatiana Pankrátova, viaxará a Portugal o vindeiro sábado pola mañán para participar no XXV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira no que será o noso primeiro concerto fora das fronteiras españolas. Xunto a nós viaxará unha nutrida representación institucional e social encabezada polo Alcalde de Zas (Manuel Muíño). Tamén nos acompañarán o presidente da Asociación de Veciños Tabeirón (Manuel Nuñez) e a presidenta da Asociación de Amas de casa de Baio (Merche Reymúndez).
O Concerto será o sábado 7 ás 21:30 horas no Auditorio da Biblioteca Municipal Profesor Vieira Dinís de Paços de Ferreira e presentaremos un programa moi variado pechando a nosa actuación coa estrea de "María la portuguesa" de Carlos Cano en versión coral.
O domingo pola mañá cantaremos tamén unha misa na mesma vila. Pero antes... faremos un pouco de turismo, comeremos bacallau e frango, beberemos viño verde, tentaremos ver ao sancristán de Coimbra... xa vos contaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario