Vistas de página en total

lunes, noviembre 09, 2009

Actuación en Paços de Ferreira



Este pasado fin de semana realizamos a nosa primeira saída internacional. A Coral Xan Mella participou no XXV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira en terras portuguesas. Saímos cediño de Baio e fixemos unha parada (para repostar forzas e mercar... toallas) en Valença do Minho. Un grupiño fixémonos unha foto nunha das portas de entrada á Fortaleza.
Con nós viaxou o Alcalde do noso Concello (Manuel Muíño) e á chegada a Paços recibíronnos institucionalmente na Cámara municipal (Pazo do Concello) de Paços de Ferreira. Na foto vemos ao noso alcalde xunto ao alcalde anfitrión (Pedro Oliveira Pinto) e a Antonio Díaz Amor (presidente da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella). Houbo pequenos discursos e intercambio de agasallos. Despois tivemos comida coas outras corais e visita turística á Citania de San Fins.
Pola noite foi o concerto para celebrar o XVV aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira. Compartimos cartel cos anfitrións e mais o Coro Airiños da Capela e o Coro Xoven Sons a Capela da comarca de Ferrolterra (A Coruña). Foi todo un éxito cun auditorio da Biblioteca Municipal profesor Vieira Dinis ata a bandeira que non cansou de aplaudir sobre todo coa interpretación de Lela (que emocionou moito aos presentes, coma sempre) e co estreo de "María la portuguesa"(xa en youtube, PINCHA AQUÍ) de Carlos Cano un tema co que quixemos agasallar aos nosos amigos portugueses.
O domingo, pola mañá participamos nos cánticos da misa coa nosa "Ave María no Morro". Despois de xantar regresamos á nosa terriña con moi bo sabor de boca sabendo que na viciña lusitania temos uns bos amigos que estarán con nós o vindeiro sábado 19 de decembro no Concerto de Nadal VI Memorial Pepe Valiña.

No hay comentarios: