O sábado pasado fomos moi aplaudidos e felicitados no Festival de música galega no que participamos en Vilaboa. Compartimos cartel coa Coral de mulleres de Vilaboa e a Coral de Soutomaior, dirixidas por dous bos amigos: Antonio Piñeiro e Javier Comesanha.
E o sábado que ven, día 21 de novembro, participaremos no I Encontro de Corais da Costa da Morte que se celebrará no Auditorio de Corcubión, será ás 20:00 horas. Alí estaremos seis corais desta terra que nos da a vida:
Coral Xan Mella de Baio
Coral de Mulleres de Camariñas
Coral de Cesullas
Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral polifónica Neria
Coral brisas do mar de Corme
No hay comentarios:
Publicar un comentario