Onte domingo actuamos na Igrexa parroquial de Zas co motivo da Semana cultural que organiza o Concello para conmemorar o 25 aniversario da Carballeira de Zas.
O concerto foi un éxito de público (había ata xente de pe) e a Coral Xan Mella presentou un programa moi variado de dez cancións das que destacaron as habaneras Jardín de ensueño e Habanera salada e as galegas Terra meiga e Nos caneiros. Rematou a actuación co tema Yo quiero ser marinero en homenaxe á virxe do Carme, copatroa de Zas e cun público entregado e posto en pe.
Neste concerto a nosa directora estreou un chal de liño, feito a man, agasallo de Carme Riveiro, presidenta da Asociación Amigos do liño de Baio, que fai xogo cos chales que portan habitualmente as coralistas (tamén agasallo da mesma asociación).
Como soe ser habitual despois da actuación... pinchos, viño e cantigas no Restaurante Soneira de Zas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario