Vistas de página en total

domingo, agosto 24, 2008

Vindeiras actuacións


Levamos un "duro" mes de agosto porque polo que se ve á xente dalle por casar... e chaman á coral e... parabéns para todas elas e eles. E o vindeiro sábado outra voda en Mira-Zas, unha voda con moitas "pelotas".
Non o entendan mal, é que casa Martín Pérez, o futbolista baiés que encarna como ninguén o espíritu do CD Baio dos últimos tempos. Martín, ademais, é o fillo do cociñeiro oficial da Coral, o noso bo amigo Luís Pérez, o mellor churrasqueiro da volta e do mundo mundial. Parabéns e moitas felicidades á nova parella.
Ademáis das vodas estamos ensaiando duramente para os vindeiros concertos que serán os seguintes:

27 de setembro en Infiesto (Asturias)

22 de novembro en Padrón, III Certame "En clave coral"

29 de novembro en Pontedeume.

Seguiremos informando.

A foto que acompaña este post é dos amigos fotoperiodistas de La Voz de Galicia de Carballo, moitas grazas aos dous, a Ana e a Casal.

No hay comentarios: