Vistas de página en total

viernes, julio 18, 2008

III Certame "En clave coral"




Estamos moi ledos. Hoxe retomamos os ensaios despois dunhas curtas, pero merecidas, vacacións e recibimos a grata noticia de que a nosa Coral polifónica Xan Mella foi seleccionada por terceira vez consecutiva para participar no III Certame En clave Coral que convocou a FECOGA e a Xunta de Galicia.
Foron convidadas a participar todas as corais da comunidade das que resultaron seleccionadas 25 que se repartirán en oito concertos pola xeografía galega. Os concertos se celebrarán durante os meses de setembro, outubro e novembro.


A vindeira actuación da Coral Xan Mella será o domingo 27 de xullo na Igrexa parroquial de Zas, ás 22:00 horas, con motivo dos actos conmemorativos do 25 aniversario da Carballeira de Zas. Nese concerto a coral presentará un programa variado no que predominarán as habaneras e a canción galega.

No hay comentarios: