
Os próximos concertos da Coral polifónica Xan Mella serán en Cee e Baio.
O 6 de decembro, ás 12:00 horas, actuaremos no salon de actos do Concello de Cee na entrega do Premio Fernando Blanco.
0 16 de decembro, ás 21:00 horas, celebraremos en Baio o tradicional Concerto de Nadal III Memorial Pepe Valiña. A actuación será na Igrexa Nova e contaremos coa Coral polifónica de Ribadeo (Lugo) como agrupación invitada.
O cartel que ilustra esta entrada é o do Concerto de Nadal do ano pasado e é obra do deseñador Chenchu López Martínez, o artista que tamén deseñou a cara da portada do noso CD.
1 comentario:
Boeno xente da Coral Xan Mella, xa está no forno o próximo cartel do Concerto de Nadal. Un par de voltas máis e un chisco de perexil e a comelo.
http://ajaspino.blogspot.com/2006/11/concerto-de-nadal.html
Coté, Tatiana... unha aperta.
Publicar un comentario