De fantástico podemos cualificar o XI
Festival de Coros infantís e xuvenís de Fecoga que celebramos o sábado
pasado nunha Igrexa Nova de Baio ateigada de xente coma nunca. Entre os presente atopábase o presidente da Federación Galega de Coros: Antonio Rey Cornide.
Acompañaron ao Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña (que facía de anfitrión) o Coro Sagrado Corazón de Ribadeo (Lugo),
a Coraliña Cantora de Trives (Ourense)
e o Coro do CPI De Cova Terreña de
Baiona (Pontevedra) e puideron escoitarse dende cantigas galegas a polifonía
litúrxica, pasando por música pop, folclore internacional e cantigas étnicas
que fixeron gozar a un público moi entregado cos case 150 coralistas que participaron.
De remate as catro corais xuntas interpretaron
a cantiga relixiosa zulú “Siyahamba” baixo a dirección da nosa profesora Tatiana Pankrátova.
Moitas grazas aos nosos
amigos de Ribadeo, de Trives e de Baiona por facernos gozar dunha tarde de
polifonía moi, moi fermosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario