Vistas de página en total

jueves, octubre 25, 2012

Concerto en Vegadeo (Asturias)


Este sábado 27 de outubro viaxaremos a terras asturianas convidados polos anfitrións do Coro Eo Musical de Vegadeo para participar no Encontro Coral de Outono no que tamén estarán os amigos da Coral de Beluso-Bueu (Pontevedra).
Aproveitaremos o día para facer algo de turismo (cultural e gastronómico) visitando a Factoría de cerámica de Sargadelos no Concello de Cervo, a Vila de Ribadeo e tamén o pobo mariñeiro de Tapia de Casariego, xa en terras  fronterizas asturianas.
O concerto será ás 20:30 horas na Igrexa parroquial da fermosa Vila de Vegadeo e a nosa Coral Xan Mella, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, presentará un variado programa que vai dende a polifonía litúrxica ás habaneras pasando polo bolero, música pop e, como non, canción galega:

1.-Ave María no Morro….........................H. Martins, Harm: T. Pankrátova
2.- Sabor a mí……..................................Álvaro Carrillo. Arr. J.L. Blasco
3.- María la portuguesa.............Carlos Cano, Harmonización: J.L. Blasco
4.-Lela…… ......................….......Letra: Castelao e Música: Rosendo Mato
5.- California dreamin...The Mamas & The Papas, Arr.: T. Pankrátova
6.- Jardín de ensueño...............................................................Rey Rivero

No hay comentarios: