Vistas de página en total

martes, octubre 23, 2012

Sobre o IV Certame de Corais da Costa da Morte






Sete corais (Laxe, Muxía, Muros, Carnota, Cesullas, Corcubión e Baio) e case dous centos de coralistas participaron no IV Certame de corais da Costa da Morte que se celebrou na vila labartiana o pasado sábado 20 de outubro organizado pola Asociación Neria e a Coral polifónica Xan Mella coa colaboración do Concello de Zas e da Parroquia de Santa María de Baio. Foi o festival de polifonía máis grande da Costa da Morte ata agora.
A Igrexa estaba ateigada (había moita xente de pé) e gozou de dúas horas de música polifónica moi variada. Foron en total 21 temas (habaneras, espirituais negros, canción pop, boleros, de autor, cantigas vascas e, por suposto, canción galega) que o público acolleu batendo palmas con forza.
Ao remate entrega a todas as corais participantes dun agasallo por parte da Asociación Neria (unha escultura do artista Nacho Porto) e festa de confraternización ata altas horas da madrugada.
Parabéns á Asociación Neria e ao seu secretario Xan García Pouso por esta iniciativa que xa leva catro edicións e  esperamos continúe en vindeiros anos.

No hay comentarios: