Vistas de página en total

lunes, octubre 29, 2012

Do Concerto en Vegadeo


En Sargadelos algún aproveitou para pedirlle consello 
a Castelao sobre matices de pronunciación en "Lela"
Foto de familia en Sargadelos
 De viños por Ribadeo (cada un pagou o seu)
 Coral Eo Musical de Vegadeo
 Coral de Beluso-Bueu (Pontevedra)
 Coral Xan Mella

Foi un sábado moi completo: pola mañá visitamos a factoría de Sargadelos en Cervo e despois tomamos os viños e comimos en Ribadeo (No Meson o Gaiteiro); xa pola tarde ("estaban as nubes chorando") paseamos pola fermosa vila do occidente asturiano antes de participar na "Xornada Coral de Outono"  onde compartimos cartel coa Coral de Beluso-Bueu (Pontevedra) e os anfitrións de "Eo musical" de Vegadeo (Asturias) nunha igrexa parroquial ateigada de xente que gozou dunha velada polifónica con canción asturiana, polifonía litúrxica, boleros, canción galega, canción sudamericana e cantigas pop.
Despois pantagruélica cea de confraternización cos compoñentes das outras corais e festa ata altas horas da madrugada. Chegamos a Baio ás tres da madrugada, cansos pero moi contentos. Pagou a pena.
Moitas grazas aos nosos amigos de Vegadeo polo estupendo trato recibido, especialmente a Juan Carlos, presidente da coral anfitrioa.
E o vindeiro domingo cantaremos en Vimianzo no "II Encontro de corais da Terra de Soneira", alí cumpliremos a nosa actuación nº 150.


 Non podía falar a "sidrina", Juan Carlos escanciando fantásticamente 
 "Pepín" o churrasqueiro... para chuparse os dedos
 Pantagruélica cea post-concerto
 Cantigas de sobremesa... coma non

No hay comentarios: