Despois dun agosto case que dedicado en exclusiva á polifonía litúrxica (algo terá a nosa coral que é tan solicitada para misas e vodas) este fin de semana abrimos o novo ciclo de concertos de outono que nos levará por terras da Costa da Morte, Oviedo capital, As Pontes de García Rodríguez e Sada.
O vindeiro sábado 17 actuaremos nun encontro de Corais en Corcubión compartindo cartel coa anfitriona Airiños de Quenxe máis a Coral de Calo-Teo e outra coral santiguesa: Amigos de Compostela.
O festival será na Casa da Cultura de Corcubión ás 20:30 e a nosa coral, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, interpretará "Ave María no Morro", "Terra Meiga", "Hijo de la luna" e "Jardín de ensueño".
No hay comentarios:
Publicar un comentario