Vistas de página en total

sábado, noviembre 05, 2016

De aquí a Nadal

Mañá domingo 6 de novembro a Coral Xan Mella de Baio cantará a misa de 12 na Igrexa nova de Baio pola memoria do Presidente fundador Pepe Valiña neste ano que se cumpre o décimo segundo aniversario do seu pasamento.

O sábado 19 de novembro a coral participará no Festival de Santa Cecilia que organiza a Coral Acordes de Bueu (Pontevedra) e á semana seguinte tamén estará presente en Carballo ,o sábado 26 de novembro, nun concerto de polifonía organizado pola Coral polifónica de Bergantiños para honrar á patroa da música.

Para pechar o ano a Coral Xan Mella celebrará o XIII Memorial Pepe Valiña en Baio o sábado 17 de decembro onde tamén participarán o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña, o Orfeón de Trives (Ourense) e a Coral Acordes de Bueu de Pontevedra.


No hay comentarios: