Vistas de página en total

lunes, septiembre 28, 2015

II Día do coralista



A  nosa Coral Xan Mella  cantou o sábado unha misa pola memoria do noso presidente fundador, o sempre lembrado Pepe Valiña, no XI cabodano do seu pasamento.
E o domingo coralistas, familiares e amigos  celebramos o Segundo Día do Coralista nunha finca da parroquia do Allo xentilmente cedida polo empresario baiés e amigo Emilio Busto.
Suso Silvariño e Maruja Canay cociñaron unha fantástica paella  e as mulleres da coral fixeron unha morea de entrantes (follados, croquetas, blinis rusos, tortillas, ...) e sobremesas (tarta de piña, bicas, buñuelos, queixo con membrillo, tarta de queixo...).
Foi unha  fermosa xornada de confraternización na que por suposto non faltou a música vocal acompañados polo acordeonista e membro da coral Xandro Calvo.


No hay comentarios: