Vistas de página en total

domingo, agosto 09, 2015

Do concerto en Viveiro

Nun marco incomparable pola súa grandeza e aforo (pero acusticamente pobre a pesares do equipo de amplificación) a Coral Xan Mella participou o sábado 8 de agosto no XXXI Festival de Música Coral en Viveiro (Lugo) compartindo esceario coa Coral de Caldas de Reis (Pontevedra) o Orfeón Leonés e os anfitrións da Coral Alborada.
Preto dun milleiro de persoas bateron palmás con nós na Praza Maior da localidade do Landro ao compás de "Katiusha" e se emocionaron escoitando a habanera "Yo quiero ser marinero". A nosa coral, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova e acompañada ao piano por Antía Vidal, tamén interpretou o "Aleluia" de Leonard Cohen e a cantiga galega "Ruada de Chamosa".
Día tamén de reencontros posto que o noso presidente impartiu clases de filosofía no IES Vilar Ponte durante dous cursos e a nosa directora foi a pianista de Orquestra de Jazz do Conservatorio de Viveiro no curso 2000-2001.
Moitas grazas aos nosos amigos viveirenses polo convite e especialmente á presidenta da coral Teresa Penabad.
Despois... cea post-concerto e cantigas de sobremesa, coma sempre, no que a directiva da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella aproveitou propostas de intercambios para cantar en Caldas de Reis e en León. 
Na organización deste intercambio colaboraron con nós o Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.
Seguiremos informando.












No hay comentarios: