
Remataron as vacacións e xa principiaron os ensaios da Xan Mella. A nosa directora e o presi aproveitaron os días de descanso no sur de Gran Canaria para traballar un posible intercambio cunha coral da illa e foron entrevistados en Radio Sol na Praia del inglés/Maspalomas, onde pincharon media ducia de temas do novo CD "De entrañas da terra".
Á espera dos actos de presentación do novo disco a Coral Xan Mella ofrecerá un concerto na Igrexa de Zas o vindeiro domingo 8 de agosto ás 21:15 horas para pechar a Semán cultural que organiza o noso Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario