Vistas de página en total

lunes, agosto 09, 2010

Concerto en Zas



A igrexa de San Andrés quedouse pequena para acoller o acto de clausura da Semán cultural de Zas. O alcalde do noso concello, Lolo Muíño, agradeceu a asistencia a este acto e se lembrou de todas as asociacións que fan posible esta semán enfatizando o éxito da Festa da Carballeira de Zas cunha calidade musical digna de enfatizar. De seguido presentou á Coral Xan Mella que pechou os actos cun concerto onde se mesturaron cancións galegas, habaneiras e folclore internacional, rematando co himno galego, cantando todos, co público posto en pé.
Ao remate entrega de ramos de flores para a nosa directora e a súa irmá, Nina, que exerce de embaixadora do noso concello en Bielorrusia.
E despois... festa no Restaurante Soneira.

No hay comentarios: