
Principiamos as vacacións e recibimos a boa noticia de que por quinto ano consecutivo a nosa Coral Xan Mella de Baio-Zas foi seleccionada pola FECOGA e a Xunta de Galicia para participar no V Certame de corais "En clave coral".
A coral que dirixe Tatiana Pankrátova foi seleccionada xunto a outras 24 corais galegas.
O certame celebrárase en distintas cidades galegas nos meses de setembro, outubro e novembro.
Nos catro certames anteriores a coral baiesa actuou nas vilas de Lugo, A Coruña, Padrón e Campañó (Pontevedra).
E a volta de vacacións... presentación do novo CD "De entrañas da terra".
No hay comentarios:
Publicar un comentario