

A Xan Mella estrea a “Habanera de Baio”
O sábado 19 estreamos a “Habanera de Baio”.
A partir dun texto do noso presidente Antonio Díaz Amor, no que se fala da emigración e da saudade que sofren unha parella de noivos marcados pola distancia, o compositor borneirán Perfecto Varela Vázquez musicou unha habanera que consta de dúas partes, “a primeira en tono menor e a segunda en tono maior. A primeira trata de desenrolar a melancolía que ofrece a historia, onde se alternan mulleres e homes en contrapunto imitativo. Ao desembocar no tono maior, refléxase o contento que dá a ilusión do reencontro dos noivos, expoñendo a copla con solemnidade en modo maior como culminación da felicidade. O final resolve nunha codeta en cadencia plagal como deixando sentada a mensaxe”.
A estrea será ás 21:00 horas na Igrexa nova de Baio e a nosa coral, dirixida coma sempre por Tatiana Pankrátova, compartirá cartel coa Coral do Liceo de Noia e a Coral do Rosal (Pontevedra) no VIII Encontro de corais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario