Con grande éxito celebramos o pasado sábado 26 de decembro a Ronda de Nadal polos bares e tabernas de Baio. O Tren da unha show de Laxe xunto a Os de Xan Mella recorremos A Raxería, Bar Ciudad Cristal, Bar Casa Rogelio e Bar o Horreo cantando e tocando non só panxoliñas.
Guitarra, percusións e o acordeón de Josito Díaz, ademáis das boas voces, encheron de ledicia as rúas de Baio nestes días de Nadal. Ata o profesor Xose María Lema se sumou á iniciativa que organiza a nosa AMC Pepe Valiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario