Vistas de página en total

lunes, diciembre 21, 2009

Do VI Memorial Pepe Valiña




Todo foi moi ben no VI Memorial Pepe Valiña que celebramos en Baio o pasado sábado 19 de decembro. O día principiou coa recepción isntitucional que lles ofreceu ao Orfeao de Paços de Ferreira Manuel Muíño o alcalde do noso Concello (delo da boa conta o xornal La Voz de Galicia).
Á noitiña (coa Igrexa nova de Baio abarrotada de xente a pesares do moito frío) abríu o concerto o Orfeón Neria da Costa da Morte, dirixido polo mestre Isidro Caamaño, do que gustou moito a súa interpretación do espiritual negro No tardes Tom e do Va Pensiero de Verdi. O ambiente foise caldeando coa actuación do Orfeao de Paços de Ferreira, dirixido por Dona Isabel Freitas; moi aplaudidas foron as interpretacións de Tia Anica e Adeste Fideles.
Como broche final a nosa Coral polifónica Xan Mella, dirixida pola profesora Tatiana Pankrátova, ofreceu unha das mellores actuacións de todos os tempos gustando moito os estreos de María la portuguesa e da Salve Rociera. A "apoteose" veu ao remate cunha nova harmonización do tema ruso Katiusha con toda a igrexa de pe batendo palmas ao ritmo da coral baiesa.
O concerto foi presentado por Ramón Reymúndez que lle adicou unhas agarimosas palabras ao noso párroco Don Francisco Espasandín, que non poido asistir por problemas de saúde.
Ao final agasallos para os coros participantes, tamén para Dona Carme Riveiro, presidente dos Amigos de Liño de Baio (as mulleres da Coral Xan Mella estreaban unhas fermosas flores de liño tecidas a man pola asociación baiesa) e palabras de agradecemento do Alcalde de Zas pola boa organización do Memorial, un referente xa na polifonía de Nadal da nosa Costa da Morte.
Coa cea de coralistas e invitados (na que destacou o profesor Xose María Lema cantando Grandola Vila Morena a coro cos orfeonistas portugueses) rematou este VI Memorial Pepe Valiña.
Moitas grazas ao Orfeón Neria e Moitas grazas ao Orfeao de Paços de Ferreira.
E a todos vos... BO NADAL!

No hay comentarios: